Friday 03 de May de 2024

O Concello organiza a I Ruta ciclista en familia


O luns ábrese a inscrición na actividade que, coa colaboración do clube Vara e Pedal, celebrarase o vindeiro 14 de maio a partir das 10 horas

O Concello de Neda organiza a primeira edición da Ruta ciclista en familia. Un itinerario para desfrutar do municipio sobre dúas rodas para nenos e maiores, fomentando o coñecemento do territorio e promovendo hábitos saudables. Celebrarase o vindeiro sábado 14 de maio, ás 10 horas, con punto de partida no adro da Igrexa de Santa María. O percorrido, de 7,6 quilómetros, será circular e cunha dificultade media-baixa, pensado para participantes a partir de 9 anos.

Na iniciativa colabora o club ciclista Vara e Pedal, e o Concello anuncia a apertura do prazo de inscrición para o próximo luns, 2 de maio. Deberá formalizarse no Centro Cívico ou a través do seu teléfono 981 49 44 31, nos dous casos en horario de 9:15 a 12:15 horas. Dende a Concellería de Deportes sublíñase a obrigatoriedade de acudir á cita con casco de protección.